Versión 1: 03/09/2020
Versión 2: 06/10/2020
Versión 3: 09/10/2020 (en vigor) en caso de que volte a ser eliminado, podes consultalo neste ENLACE
Despois da eliminación da versión 3 do protocolo COVID no ámbito educativo a semana pasada, dita versión volve a estar colgada na páxina do SERGAS. Unha vez máis as administracións xogan ao escondite cun tema tan serio e grave como é a saúde de toda a comunidade educativa. Desde ANPE Galicia esiximos explicacións e depuración de responsabilidades.
Lembramos que, en dita versión, se recolle textualmente:
Cambios nesta versión:
Na páxina 6 elimínase a indicación de que “permanecerán no domicilio os irmáns/ás do caso sospeitoso escolarizados no mesmo centro ata o resultado das probas”, pola indicación de que:
“Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa Covid (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interacións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado pero non será necesario que garden corentena no domicilio, podendo acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo.”