CLAVE (594405)
CONTRABAIXO (594406)
PERCUSIÓN (594422)
Prazo de presentación de solicitudes: desde o xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte LIGAZÓN e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible desde o xoves día 22 de outubro.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
3º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.