DOG - CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2020/21 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.
Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 200, do 2 de outubro, é necesario efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 38216 débese engadir o seguinte anexo ao final da devandita resolución. (coa adxudicación de destinos que non figuraba no resolución do 10 de setembro)