Relación provisional de persoas admitidas e excluidas na lista de INFORMÁTICA


07 Out, 2020

WEBPublicada a Resolución do 7 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de informática (590107)

Resolución provisional admitidos. Informática

 De acordo co disposto na base sexta da convocatoria pola que se acordou a apertura do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións, as persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas seleccionadas, non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por rexistro no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet.

As alegacións así formuladas deberán remitirse despois da súa presentación oficial, co selo de rexistro, tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es.

Relación provisional de persoas excluídas. Informática

LIGAZÓN ás listas