Relación provisional de persoal admitido e excluido na lista de FAGOT


06 Out, 2020

WEB  - Publicada a Resolución do 5 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores música e artes escénicas, especialidade de fagot (594408).

Relación provisional de persoas excluídas (Fagot)

Resolución provisional (Fagot)

Terceiro. ... as persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas seleccionadas, non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que presentarán por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet.

As alegacións así formuladas deberán remitirse despois da súa presentación oficial, co selo de rexistro, tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es.

LIGAZÓN ás Listas