WEB - Convocatoria da Mesa sectorial docente non universitaria o martes 6 de outubro ás 10.30 horas.
Todas aquelas APORTACIÓNS relacionadas cos temas a tratar ou para Rogos e Preguntas, enviádeas por mail a galicia@anpe.es
ORDE DO DÍA:
1 Aprobación, se procede, das actas das sesións realizadas os días 30 de abril, 20 de maio e 26 de maio de 2020.
2 Proposta de inclusión dunha disposición transitoria ao Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias.
3 Proxecto de Orde...... pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación
4 Rogos e preguntas