ANPE amosa o seu total apoio á Directora do CEIP Luis Seoane de Mera - Oleiros


02 Out, 2020

WEB - ANPE  AMOSA O SEU TOTAL APOIO Á DIRECTORA DO CEIP LUIS SEOANE de Mera (Oleiros) OBRIGADA A DIMITIR 

Desde ANPE consideramos inadmisible a actitude da inspección que "obrigou" a dimitir á docente. Para ANPE a responsabilidade recae no persoal de vixiancia do transporte escolar e lembramos que a responsabilidade dos e das docentes comeza únicamente cando o alumnado entra no centro educativo e non antes. Non é competencia dos docentes nin dos equipos directivos comprobar se o alumnado baixa ou non do transporte escolar. 

A asesoría xurídica de ANPE está á súa disposición.