CADP 2020 - Adxudicación definitiva de destinos dos corpos de SECUNDARIA


02 Out, 2020

DOG RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se realiza a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2020/21 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, a aquelas persoas que resultan desprazadas por falta de horario, ao persoal ao cal se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo.

Segundo. De conformidade co disposto no citado artigo 41 da Orde do 7 de xuño de 2018, o persoal adxudicatario tomará posesión no centro educativo de destino e, co obxecto de que todo o persoal adxudicatario participe na aplicación das medidas adoptadas polos respectivos centros con base no protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o curso 2020/21, a toma de posesión terá efectos do 22 de setembro de 2020. 

Sen prexuízo do anterior, o persoal funcionario de carreira e o persoal interino con nomeamento de interino ata o 15 de setembro de 2020 tomarán posesión con efectividade do día 16 de setembro de 2020, agás nos seguintes supostos:

Persoal interino do corpo 592 de escolas oficiais de idiomas ao cal se lle prorrogou o nomeamento do curso anterior ata o 18 de setembro de 2020: tomará posesión con efectividade do 19 de setembro de 2020.

Comisións de servizo do profesorado que proceda de fóra da Comunidade Autónoma que poderían ter efectividade do 1 de setembro de 2020.

Profesorado procedente do estranxeiro que podería ter efectividade do 1 de setembro do 2020.

Terceiro. Os nomeamentos serán remitidos ao seu enderezo de correo electrónico.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo