WEB - ANPE demanda a convocatoria da Mesa Sectorial para tratar a "medida anunciada" na reunión do "Comité Educativo": acceder á docencia sen Máster do Profesorado
Dende ANPE esiximos que o momento que estamos a vivir coa Covid-19 non sirva de base para colar todo tipo de medidas "excepcionais".
Desde ANPE lamentamos profundamente o grave desprezo feito a MESA SECTORIAL e ao CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA que os actuais dirixentes da Conselleria tratan de marxinar creando entes e chiringuitos que nada teñen que ver cos lexitimos representantes do profesorado elexidos para defender os intereses dos mesmos fronte a unha administración que os maltrata e vilipendia.
O Conselleiro propón na reunión do Comité Educativo o deseño dunha formación pedagóxica específica para acceder de xeito puntual á docencia sen Máster do Profesorado. Neste sentido a intención da Consellería é que o Centro Autonómico de formación e Innovación (CAFI) empece xa a traballar no deseño desta formación específica, en colaboración coas facultades que imparten o Máster do Profesorado.
Trataríase dunha preparación de curta duración, para que, de ser preciso contratar persoas sen Máster do Profesorado, estas conten cunha capacitación pedagóxica e educativa ad hoc. Unha formación que funcionaría como un plus de garantía de mantemento da calidade do ensino e que estaría pensada para esta situación concreta e vencellada á pandemia.
En calquera caso, a contratación de persoas específicas, no caso de ter que realizarse, sería unha absolutamente excepcional e aplicada no contexto da pandemia, polo que o profesorado ten plenamente garantidos os seus dereitos. As persoas contratadas ao amparo de esta excepcionalidade deberán compaxinar as funcións docentes coa formación propia en ferramentas e estratexias en materia didáctica e pedagóxica".