ANPE informa á fiscalía de menores sobre o grave risco do alumnado ante a Covid-19


23 Set, 2020

WEB - O Sindicato Independente do Ensino Público ANPE Galicia e o Sindicato de Enfermería SATSE en Galicia trasladaron á Fiscalía de Menores desta comunidade, a situación que se vive nos centros educativos unha vez que volveu o alumnado ás aulas.

SATSE e ANPE Galicia subliñan que a situación que se está xerando nos centros educativos galegos é moi preocupante dada a vulnerabilidade dos alumnos e alumnas e, especialmente, daqueles e aquelas que teñen patoloxías previas crónicas, como a diabetes, a asma, a bronquite ou calquera outra enfermidade respiratoria, entre outras.

Ante esta realidade, SATSE e ANPE insisten en que son as enfermeiras e enfermeiros os que mellor poden responsabilizarse da detección precoz de casos e a xestión axeitada dos mesmos en plena coordinación cos responsables do centro, a comunidade educativa e o servizo sanitario e de saúde pública de referencia e conforme os plans e protocolos conxuntos establecidos.