Apertura do prazo para solicitar intercambios provisionais de prazas (permutas provisionais)


05 Ago, 2020

WEBIntercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte os ensinos regulados na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. (Procedemento ED002A  na sede electrónica)

03/08/2020 - 14/08/2020 (Mestres CADP). a) Dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da consellería.

Cando a publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal para o curso académico correspondente sexa con anterioridade ao día 15 de agosto, as persoas obrigadas a participar no devandito concurso poderán optar por un dos seguintes prazos:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude segundo o anexo I que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede. xunta. gal/)

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede. xunta. gal/ chave365).

Non deberá presentarse ningunha documentación complementaria para a tramitación deste procedemento.

Cada unha das persoas interesadas en solicitar o intercambio provisional da praza terá que cubrir unha solicitude.

Na solicitude deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza, de maneira que haberá tantas solicitudes como persoas interesadas en intercambiar a praza.

INFORMACIÓN SOBRE ESTE PROCEDEMENTO