WEB - ANPE xunto co resto de OOSS presentes na Mesa Sectorial consegue a REUNIÓN CONXUNTA coa conselleira
O Secretario Xeral Técnico e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos acaban de comunicarnos que a conselleira nos recibiría na semana que vén ás catro organizacións sindicais por separado.
Os catro sindicatos mostramos o noso total rechazo e posto que a conselleira ten a axenda aberta para 4 reunións esiximos ser recibidos nunha REUNIÓN CONXUNTA, tal e como solicitamos, posto que A PETICIÓN É COMÚN.
Despois da esixencia por parte das organizacións sindicais de ser recibidos unitariamente o Secretario Xeral Técnico e o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos acaban de comunicarnos que a conselleira nos recibirá na semana que vén ás catro organizacións sindicais.
Dende ANPE, co voso apoio, seguiremos ata CONSEGUIR A REDUCCIÓN DO HORARIO LECTIVO DO PROFESORADO tal e como xa se fixo noutras comunidades autónomas.