ANPE mostra o seu total rexeitamento á intención de retirada dos postos de PT e AL do catálogo de postos de traballo


03 Out, 2019

WEB - ANPE rexeita enérxicamente a "suposta intención" da Inspección educativa e do Xefe Territorial da provincia de A Coruña de retirar os postos de PT e AL do catálogo de postos de traballo dos centros públicos.

 Nunha reunión cos directores e directoras dos centros públicos do concello de A Coruña lles manifestaron  a súa "intención" de retirar estos postos e distribuir, redistribuir... a estos especialistas en "función do diagnóstico" (os equipos levan anos de retraso no "diagnóstico") e criterio de inspección.

Ante esta "intencionalidade" manifestada dende a Xefatura de Inspección e apoiada pola Xefatura Territorial da Coruña de retirar dos catálogos de postos de traballo as especialidades de PT e AL nos centros de Infantil e Primaria e facer a súa cobertura " a carta" segundo as necesidades dos centros, ANPE utilizará todas as medidas de presión tanto xurídicas como de movilización ante DISPARATADA PROPOSTA. Compre recordarlles que este catálogo de postos de traballo foi negociado, consensuado e firmado por a maioría sindical da Mesa e a Consellería de Educación no ano 2007.

Neste catálogo se recollen os MÍNIMOS dos centros en canto a estos especialistas que segundo as necesidades poderían incrementarse. "Naqueles centros ordinarios que integren alumnado con necesidade educativa específica poderanse incrementar os catálogos en función do número e tipo de necesidades, especialmente de PT e AL. Asemade, nos centros ordinarios que non conten con PT e AL a Administración Educativa adoptará as medidas oportunas para atender as necesidades que se presenten."  ENLACE ao ACORDO

E trasladaremos esta cuestión á Dirección Xeral para que aclare se só foi unha "intención" desta provincia en concreto ou estamos ante UN NOVO RECORTE E AZOUTE para o xa maltratado ensino público cando hai pouco se publicou no DOG ás axudas ao ensino privado. ENLACE á noticia

ANPE DI ALTO E CLARO QUE BAIXO NINGÚN CONCEPTO ACEPTARÁ SEMELLANTE "INTENCIÓN" e se hai que esixir ceses ou dimisións, así o faremos.