• Noticia destacada

Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e bacharelato


23 Xun, 2026

DOGResolución do 11 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2026/27.

  • A Administración educativa apoiará a autoridade do profesorado e velará para que os centros docentes adopten as medidas necesarias para fomentar o respecto e o apoio ao profesorado, promovendo unha actitude de tolerancia cero ante calquera tipo de agresión física ou verbal contra os profesionais do ensino.

    Segundo a normativa vixente, os feitos constatados polo profesorado terán presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa outras persoas poidan sinalar ou achegar coa debida motivación, imparcialidade e obxectividade.

    As agresións físicas ou verbais, as ameazas e as intimidacións contra o profesorado no exercicio das súas funcións, tanto no propio centro como fóra del, a través de calquera medio, incluídos os dixitais, poderán considerarse, atendendo ás circunstancias, un ataque contra a autoridade pública e poderán ser obxecto de responsabilidade penal, administrativa e/ou das medidas correctoras pertinentes.

    A dirección do centro docente informará de xeito inmediato a Inspección educativa sobre calquera agresión ou violencia contra o profesorado co obxectivo de poñelo en coñecemento da dirección territorial correspondente e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

  • A directora ou director promoverá o respecto cara ao profesorado e velará por que se exerza en toda a súa plenitude a autoridade pública no exercicio das súas funcións, mediando na xestión dos posibles conflitos, favorecendo o diálogo e as solucións máis axeitadas e respectando os dereitos e deberes de toda a comunidade educativa.