Esta adaptación estrutural realízase no contexto das reformas impulsadas polo Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre melloras no funcionamento do sistema educativo e nas condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, asinado orixinalmente por CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP e coa posterior incorporación de CSIF o 9 de decembro de 2025.
A concreción destas novas medidas implica a elaboración dunha futura norma en materia de horario do profesorado, así como a derrogación parcial da normativa vixente neste ámbito.
Derrogada a Orde do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e, por conseguinte, tamén a súa modificación na Orde do 4 de xuño de 2012, xunto coa derrogación de diferentes artigos relacionados cos horarios docentes das ordes polas que se ditan instrucións para o desenvolvementos dos regulamentos orgánicos dos centros e das ordes que regulan certas coordinacións é preciso ditar instrucións para que os centros poidan configurar os horarios do seu profesorado durante o curso 2026/27.