• Noticia nova

Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas infantil, primaria, ESO e Bach


13 Xun, 2025

DOGResolución do 5 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no réxime ordinario no curso académico 2025/26.

  • Terceiro. Autoridade do profesorado

A autoridade do profesorado para cumprir as súas funcións será exercida conforme os principios de respecto mutuo, convivencia e prevención de conflitos e con base no cumprimento da normativa vixente e das NOFC.

Toda a comunidade educativa debe respectar e recoñecer, coa debida consideración, o seu labor e as súas decisións didácticas e pedagóxicas.

Segundo a normativa vixente, os feitos constatados polo profesorado terán presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa outras persoas poidan sinalar ou achegar coa debida motivación, imparcialidade e obxectividade.

As agresións físicas ou verbais, as ameazas e as intimidacións contra o profesorado no exercicio das súas funcións, tanto no propio centro como fóra del, a través de calquera medio, incluídos os dixitais, poderán considerarse, atendendo ás circunstancias, un ataque contra a autoridade pública e poderán ser obxecto, segundo a persoa agresora, de responsabilidade penal, administrativa e/ou das medidas correctoras pertinentes.

A dirección do centro docente informará de xeito inmediato a Inspección educativa sobre calquera agresión ou violencia contra o profesorado co obxectivo de poñelo en coñecemento da dirección territorial correspondente e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para recibir asesoramento e apoio na solución do conflito.

  • Cuarto. Autoridade da dirección do centro público

A directora ou director promoverá o respecto e a autoridade pública do profesorado no exercicio das súas funcións, mediando na xestión dos posibles conflitos, favorecendo o diálogo e as solucións máis axeitadas e respectando os dereitos e deberes de toda a comunidade educativa.

  • Quinto. Actividades desenvoltas e colaboracións externas

Todas as actividades complementarias deberán figurar na programación xeral anual (PXA) e, de ser o caso, de xeito moi excepcional, baixo premisas de motivación e coherencia co currículo, poderán realizarse actividades complementarias sobrevindas sempre e cando sexan aprobadas polo equipo directivo e se dea conta delas ao consello escolar e á Inspección educativa.  ¿?¿?¿?

  • Oitavo. Horario do profesorado na educación infantil

Os especialistas con dispoñibilidade horaria no seu horario lectivo poderán apoiar o labor da titora ou titor de educación infantil. O centro poderá xestionar este apoio de diferentes formas –desde unha docencia compartida, unha docencia individual ou mesmo unha combinación delas– atendendo á súa autonomía para xestionar os seus recursos da forma máis eficiente e na procura da mellor resposta educativa para o grupo de alumnado. ¿?¿?¿?

  • Trixésimo terceiro. Reunións telemáticas

     O claustro decidirá sobre a posibilidade de que os órganos de coordinación docente do centro manteñan reunións de forma telemática. En caso de aprobación por parte do claustro, cada órgano de coordinación acordará por maioría dos seus membros –co voto de calidade da persoa xefa ou responsable do órgano en caso de empate– se emprega este tipo de modalidade.

LIGAZÓN á nota de ANPE: Educar en liberdade, sen censura nin politización nos centros

ANPE esixirá que se cubran as necesidades de profesorado de todos os centros educativos e que a Consellería cumpra cos puntos recollidos no Acordo de Melloras educativas do sistema e das condicións laborais do profesorado.