• Noticia nova

Do bulo so dato! Galicia pasa a ter o mellor horario


21 Mai, 2026

WEB - Do bulo ao dato! Galicia pasa a ter o mellor horario lectivo en ESO e Bacharelato

Cos datos enriba da mesa, a proposta levada á Mesa Sectorial sitúa Galicia á cabeza do Estado en condicións horarias para o profesorado de ESO e Bacharelato.

Falamos de 18 sesións lectivas semanais de 50 minutos, é dicir, 900 minutos lectivos á semana. 
E existe a excepcionalidade para chegar ás 20, si, porque é necesaria e xa existía desde 1987. Ademais, por cada sesión lectiva extra redúcese a permanencia no centro en dúas sesións. É dicir, que de chegar ás 20 lectivas, non habería gardas de ningún tipo.
E tamén conseguimos evitar esa excepcionalidade para quen imparta materias afíns!
Toda a info aquí: http://anpegalicia.es/notices/203036/Do-bulo-ao-dato!-A-excepcionalidade-non-%C3%A9-nova

 

http://anpegalicia.es/notices/203074/Do-bulo-ao-dato!-Cal-era-o-punto-de-partida

Para valorar con rigor o horario docente non chega con mirar só o número de sesións lectivas. Hai que comparar tamén a duración de cada sesión e a permanencia fixa no centro. E aí tamén saímos gañando, entre 23 e 20 sesións de permanencia fixa no centro, a máis baixa do Estado.

A lectura é clara, pero nesta táboa tes todos os datos para que saques as túas propias conclusións.
Fronte ao ruído, datos!