• Noticia nova

Do bulo ao dato! A excepcionalidade non é nova


14 Mai, 2026

WEBDo bulo ao dato! -  A excepcionalidade non é nova

É falso que a posibilidade excepcional de superar as 18 sesións lectivas apareza agora.

Xa estaba recollida na normativa de Secundaria de 1987, 1997, 2011, 2012 e tamén no proxecto estatal de redución de ratios e xornada.

A diferenza é clave: agora a proposta recupera as 18 sesións como referencia xeral, introduce unha compensación máis garantista e fai voluntaria a excepcionalidade para quen imparta materias afíns.

Se excepcionalmente se supera ese límite, cada sesión lectiva de exceso compénsase con dúas sesións complementarias: primeiro con complementarias fixas e, só cando estas se esgoten, con complementarias non fixas.

Polo tanto, non se xeneralizan as 19 ou 20 sesións.

Recupéranse as 18 como norma xeral, mantense a flexibilidade organizativa que xa existía e mellóranse as garantías para os casos excepcionais.