• Noticia nova

Máis recursos para a atención á diversidade no ensino público galego


26 Mai, 2026

WEBMáis recursos para a atención á diversidade no ensino público galego

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF valoramos positivamente o novo Plan para o impulso da atención á diversidade anunciado pola Xunta.

Este avance non xorde da improvisación: é froito do diálogo, da negociación colectiva e do Acordo sobre Medidas de Mellora asinado en 2023 .

A incorporación progresiva de profesionais de PT na ESO, a estabilización de postos de PT e AL en Infantil e Primaria e o reforzo da orientación deben servir para mellorar a atención ao alumnado que máis apoio precisa.

Pero o anuncio debe concretarse con garantías:
➡️ normativa clara
➡️calendario de implantación
➡️criterios obxectivos e transparentes de dotación
➡️seguimento sindical
➡️ recursos alí onde máis se necesitan

A atención á DIVERSIDADE require PERSOAL ESTABLE, planificación, COORDINACIÓN, tempo profesional e unha REDUCIÓN REAL da BUROCRACIA.

Seguiremos traballando para que estas medidas cheguen aos centros e para que o ensino público galego avance en equidade, inclusión e calidade.

 

260526_comun_conx_diver