• Noticia nova

Un ACORDO para mellorar o ensino público galego


30 Abr, 2026

WEBUn Acordo para mellorar o ensino público galego.

O 24 de abril, CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF anunciamos coa Consellería unha proposta consensuada de medidas que entrarán en vigor o 1 de setembro de 2026, tras o seu paso polos órganos de negociación.

En novembro de 2025 xa transmitimos a todas as organizacións sindicais (con representatividade) o estado do desenvolvemento do Acordo, abrindo a porta a que se incorporarsen ao mesmo, vía pola que só optou CSIF.

A folga é unha ferramenta lexítima, pero non pode ser un fin en si mesma. Os últimos 18 anos demostraron que as posturas de máximos e a mobilización sen vontade negociadora non dan resultados!

➡️ O obxectivo do sindicalismo é claro: abrir negociacións, desbloquear situacións e conseguir melloras reais para o profesorado e para o conxunto do sistema educativo.

E iso é o que facemos: acordar medidas que se traducirán en cambios efectivos nas aulas e no día a día do profesorado galego.