• Noticia nova

25 N: Continuamos coa loita contra a violencia de xénero


25 Nov, 2025

WEB ANPE reclama medidas urxentes que garantan contornas seguras: reforzo da coeducación, recursos psicolóxicos axeitados, accións efectivas contra o ciberacoso e o control dixital, e respaldo xurídico para o profesorado.

A comunidade educativa ten hoxe un papel decisivo na loita contra a violencia de xénero. Os centros docentes conviven con realidades que non poden ser ignoradas: violencia machista no ámbito familiar, control dixital, ciberacoso, condutas sexistas e discriminatorias, e a falta de recursos para a detección temperá destas situacións.

É imprescindible educar aos nosos adolescentes - homes e mulleres do futuro -  na igualdade, no respecto e na reflexión crítica fronte aos discursos de odio que se espallan nas redes sociais. Os algoritmos continúan alimentando bulos e mensaxes misóxinas que normalizan a violencia contra as mulleres, debemos e DEBEN dicir: BASTA!.

A escola é un espazo clave para romper o ciclo da violencia.

Concienciar, educar e actuar é unha responsabilidade compartida pola sociedade empecemos nós como garantes dun futuro no que ningunha moza teña medo, no que cada muller poida vivir en paz e no que o respecto sexa a única herdanza que deixemos!