WEB - O discurso da Consellería non encaixa coa realidade dos centros: o profesorado reclama feitos e non propaganda
A Consellería de Educación vén de presumir na súa páxina web de que a educación galega duplicou en quince anos o número de especialistas en atención á diversidade, pasando de 1.500 a 3.000 docentes de Pedagoxía Terapéutica (PT) e de Audición e Linguaxe (AL). Tamén asegura que Galicia lidera o ensino inclusivo no Estado e que conta coas mellores ratios en educación especial.
Porén, a realidade que vivimos día a día nos centros de primaria e secundaria é moi distinta: as necesidades de apoio seguen sen estar cubertas, o profesorado de atención á diversidade resulta insuficiente e o elevado número de alumnado en moitas aulas seguen a facer inviable unha inclusión real e efectiva.
A administración non pode seguir pechando os ollos, é urxente que escoite o profesorado, que está a traballar con serias dificultades, e que faga un esforzo real por garantir os recursos que precisa o alumnado.
Hoxe concentrouse o CEIP de Prácticas López Ferreiro pero, hai moitos máis en toda a comunidade.
Por iso facémos un chamamento:
- Trasládade a través do Punto Laranxa as necesidades do centro NON CUBERTAS.
- Se o teu centro se concentra, conta con ANPE.
- Se estas reivindicacións non chegan, haberá que prepararse para dar pasos máis duros, e para eso é preciso a UNIÓN de TODAS E TODOS: LOITAMOS POLOS MESMOS DEREITOS.
A educación inclusiva non se constrúe con anuncios, senón con profesorado suficiente, con medios e con compromiso real.