ANPE ante o inicio de curso - redución de ratios e horario lectivo


07 Ago, 2023

WEB - ANPE, a través do seu presidente autonómico, Julio Díaz expuxo a posición do sindicato ante o novo inicio de curso

No día de hoxe, tivo lugar a rolda de prensa de ANPE Galicia que marca o inicio do curso académico 2023/24 na nosa comunidade. O Presidente autonómico, Julio Díaz, expuxo as demandas laborais que esta organización sindical considera prioritarias.
Dende ANPE queremos e loitaremos un ano mais por un curso diferente no que a Consellería de Educación debe aplicarse  para atender todas as problemáticas herdadas e aínda non resoltas. Entre elas cómpre destacar as seguintes:
- Esixir a apertura dunha negociación sobre a redución de rateos nas aulas galegas.
- Negociar a adaptación do horario lectivo do profesorado que lle permita optimizar o seu tempo e, desta forma, poder atender os labores educativos de atención ao alumnado xunto co resto de tarefas (atención a pais, proxectos de innovación, formación permanente, etc.)
- Afrontar unha redución real na carga burocrática que, na actualidade, está a condicionar o traballo de todos/as docentes.
- Apostar polo ensino rural e, desta forma, evitar as supresións de centros e postos de traballo.

Dende esta organización, ESIXIREMOS mellorar as condicións laborais que había antes da pandemia porque a situación actual é insostible.

Isto significa non renunciar a calquera medida de presión que sexa necesaria para acadar os obxectivos citados o que redundará na mellora das condicións do profesorado e do sistema educativo galego.