O Plan de ensino virtual da Xunta menospreza o labor realizado ata hoxe polo profesorado


06 Nov, 2020

WEB - ANPE denuncia o desprezo do labor docente amosado pola Consellería de Educación no seu Plan de Ensino Virtual.

Nun curso no que tanto Equipos Directivos como docentes veñen sufrindo dende o comezo do curso a improvisación e a falta de consideración por parte dos responsables do ensino público en Galicia, este Plan non fai outra cousa que desdeñar os esforzos realizados ata agora para favorecer o teletraballo.

O prazo de 7 días marcado para a adaptación dos docentes ás ferramentas institucionais resulta totalmente insuficiente.

ANPE solicita á Administración unha rectificacion na que facilite dita adaptación, permitindo, alomenos durante este difícil curso para todos, o emprego daquelas ferramentas e materiais dixitais que en cada centro sexan consideradas máis válidas.

ANPE quere salientar o esforzo que cada día fan os docentes galegos, a prol dun ensino de calidade e aberto ás novas tecnoloxias, exixindo dos seus responsables toda a súa consideración e respecto.