ANPE defende a ensinanza presencial con baixada de ratios, máis profesorado e máis recursos


10 Set, 2020

WEB - ANPE defendeu a necesidade dun ensino totalmente presencial e seguro para toda a comunidade educativa

Na súa intervención na sesión do Consello Escolar de Galicia celebrada na tarde de onte, mércores 9 de setembro, de xeito telemático, 

ANPE defendeu a necesidade dun ensino totalmente presencial seguro para toda o comunidade educativa.

- Denunciou que a Consellería non proporcionou unha axeitada formación ao profesorado nin en referencia ao COVID-19 nin para afrontar unha hipotética modalidade de formación on line no suposto de que as necesidades sanitarias así o demanden.

- Demandou máis dotación de medios e recursos humáns e materiais para os centros educativos así como, a centralización da dotación de EPI´s para os docentes. 

- Defendeu unha vez máis a baixada das rateos como medio máis eficaz para garantir a seguridade nos centros educativos e puxo como exemplo a comunidade valenciana onde as rateos na etapa de infantil se sitúan nos 20 alumnos/as.

- No caso da etapa de educación primaria, ANPE  cuestiona a eficacia das “aulas burbulla” e reclama que se respecte a distancia de seguridade de 1,5 metros como se fai na etapa de secundaria, bacharelato e formación profesional autorizando, do mesmo xeito, desdobres no caso de non poder garantir dita distancia de seguridade.
- ANPE considera esencial que se faga unha avaliación de riscos en todos os centros educativos.

- ANPE volta a reclamar a figura d@ enfermeir@ escolar, levamos anos con esta demanda pero, agora xa é indiscutible: o profesorado non ten porque asumir funcións de outros profesionais.

- ANPE non está dacordo cun Protocolo que segue sen especificar cuestións importantes: falta información e formación coordinadas. O profesorado non tivo tempo material de preparar o inicio de curso, parace que á a administración lle importa máis o cando que o como.

- Faltan protocolos específicos para centros de ensinanzas de réxime especial como as EOI, as Escolas de Artes, os Conservatorios e tamén para os centros de educación especial.

- Deben resolverse axiña as casuísticas do alumnado e profesorado en situación de vulnerabilidade e os problemas e incidencias que xa están comezando a presentarse relacionados co transporte escolar e comedor.

ANPE Galicia manifestou ao conselleiro a súa intención de manterse vixiantes no cumprimento da normativa sanitaria e a súa intención de denunciar, en todos os estamentos, mesmo no xudicial o incumprimento de ditas normas pola seguridade e saúde de todos os membros da comunidade educativa.

En resumen, máis recursos, máis inversión e máis profesorado.