ANPE di NON a un protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 INVIABLE


16 Xul, 2020

MS - ANPE di NON a un protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 INVIABLE.

ANPE Galicia solicitou na súa intervención na Mesa a retirada do proxecto de protocolo de actuación ante o COVID-19 para o curso 2020-2021 por consideralo totalmente inviable e porque non hai vontade de negociación por parte da Administración ao presentar un documento que non foi consensuado coa comunidade educativa. Ante a negativa por parte da Administración de abrir un proceso de traballo consensuado para a elaboración dun protocolo exhaustivo e realista que serva para adaptar os centros á situación derivada do COVID-19,

ANPE e o resto de organizacións decidimos levantarnos da Mesa Sectorial.