ANPE xunto co resto de OOSS entregan por rexistro un escrito dirixido ao presidente da Xunta


12 Feb, 2020

WEBANPE e as organizacións sindicais con presenza no eido educativo entregaron esta mañá un ESCRITO dirixido ao presidente da Xunta de Galicia interpelándoo a NEGOCIAR  A RESTITUCIÓN DO HORARIO LECTIVO DO PROFESORADO GALEGO. 

Esta decisión tómase despois de que a conselleira de educación  negásese en rotundo a calquera tipo de negociación polo que, debemos dar un paso mais aló e ir directamente ao máximo responsable do goberno, o Presidente da Xunta Sr. Feijoo, para instalo a aplicar o cambio lexislativo estatal de marzo de 2019 que recolle como unha das medidas de mellora da educación, a reducción do horario lectivo do profesorado despois de que o goberno do Sr. Rajoy aumentárao de maneira unilateral empeorando considerablemente as xa mermadas condicións laborais do profesorado: mais tarefas, mais alumnado con diversidade, mais proxectos, mais protocolos, mais burocracia... pero, menos horas e menos docentes para acometelas.

Resultado da iniciativa: oídos xordos e expulsión dos medios de comunicación que cubrían o acto.
ESTA É A VONTADE NEGOCIADORA DO GOBERNO DA XUNTA DE GALICIA

ENLACE ao ESCRITO