Mais da metade do profesorado galego secundou o día de folga


13 Dec, 2019

WEB - GRAZAS a todo o profesorado participante na xornada de Folga

Mais da metade do profesorado galego secundou a xornada de folga. A manifestación de  onte en Santiago, a pesares dunha chuvia incesante, contou coa presenza de todas as organizacións sindicais arroupadas por profesorado chegado de toda Galicia.  Percorremos as rúas de Santiago baixo unha pancarta única: RECUPEREMOS O NOSO HORARIO - 18 e 21 HORAS ata chegar a San Caetano onde representantes de todas as OOSS leron un manefesto común no que lle recordaron á administración galega todos os DEREITOS arrebatados ao profesorado galego nos últimos anos comenzando pola recuperación da noso horario lectivo para poder traballar mellor na atención ao alumnado con NEE, en proxectos e programas, en coordinación...