Reintegros individuais por asistencia a actividades de formación 2018


10 Out, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 3 de maio de 2019 pola que se fai pública a relación de persoas beneficiarias de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018.

Por Orde do 13 de xullo de 2018 (DOG do 30 de xullo), regúlase o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018.

O artigo noveno desta orde establece que, unha vez concedida a totalidade dos reintegros, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das persoas beneficiarias deles. 

Con data do 14 de maio de 2019 procedeuse á publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución do 3 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de persoas beneficiarias de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2018.

Con posterioridade a esta publicación, procedeuse á concesión do reintegro individual a Cristina Garagorri Gutiérrez debido á resolución estimatoria do recurso de alzada presentado pola interesada.