- PRAZO: do 4 ao 18 de agosto (inclusive).
- SOLICITUDES: a través da aplicación Fprofe (https://www.edu.xunta.gal/fprofe). Nesta aplicación cubriranse e cargaranse, nun único arquivo (comprimido en zip se son varios arquivos), cun límite de 120 Mb, o proxecto de traballo segundo o anexo I.
Unha vez finalizada a solicitude, a aplicación Fprofe xerará automaticamente o anexo II, que deberá enviarse á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos), e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PR004A) que se deberá identificar, no apartado 'Asunto relacionado', coa denominación 'Licenzas por formación', xunto co proxecto de traballo (anexo I).