- O curso en liña está recoñecido polo MEFPD, ten unha duración do 1 de xullo ao 15 de setembro, son 100 horas equivalentes a 10 créditos ECTS e é válido para sexenios.
Cada ano, desenvólvese unha convocatoria de docentes e asesores para cubrir as vacantes en centros educativos españois no estranxeiro. Para participar é necesario ser funcionario de carreira e reunir unha serie de requisitos. Ademais, de prepararse para superar as probas.
Este curso facilítache un coñecemento exhaustivo da Acción Educativa Exterior, ademais de puntuar como mérito específico no apartado 3 do baremo. Desenvólvese en liña e co apoio dun titor que resolverá as túas dúbidas e guiará durante todo o proceso.
A Acción Educativa Exterior sigue en aumento. Segundo as estatísticas publicadas o pasado maio de 2025, o alumnado atendido segue unha tendencia ascendente cun aumento do 0,2% ata os 139.390 estudantes. En total, 10.161 docentes españois impartiron clases o pasado curso en 54 países.
Se queres unirte a eles, un paso moi importante é realizar esta formación.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE