• Noticia nova

Ordenación das ensinanzas artísticas superiores e os procedementos de garantía de calidade


27 Nov, 2026

BOE - Real Decreto 1050/2026, do 26 de novembro, polo que se establece a ordenación dos ensinanzas artísticas superiores e os procedementos de garantía da súa calidade.

ANPE reclama recursos e recoñecemento profesional para afrontar a nova ordenación das ensinanzas artísticas superiores

O Real Decreto 1050/2026 supón un paso importante no recoñecemento e na modernización das ensinanzas artísticas superiores, ao reforzar a súa consideración como ensinanzas de educación superior e establecer novos requisitos académicos e de garantía de calidade.

Porén, a súa aplicación en Galicia esixirá un importante esforzo de adaptación por parte dos centros e do profesorado. As novas responsabilidades académicas, organizativas, de coordinación, investigación e avaliación deben ir acompañadas dos medios necesarios para asumilas.

Desde ANPE consideramos imprescindible que a Consellería planifique esta implantación contando cos centros e co profesorado, garantindo plantillas suficientes, recursos materiais e económicos e o debido recoñecemento das novas responsabilidades profesionais.

A modernización das ensinanzas artísticas superiores non pode converterse nunha nova carga para os centros e os seus docentes. Máis esixencias deben significar tamén máis recursos, mellores condicións de traballo e un compromiso efectivo da Administración coa calidade do ensino público.