• Noticia nova

Acceso do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño


07 Mai, 2026

DOG RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2026/27.

  • PRAZO de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 8 de maio de 2026 ata o día 12 de xuño de 2026, para os ciclos formativos de grao medio e de grao superior.
  • TRAMITACIÓN para ciclos formativos de grao superior e a publicación de listaxes xeradas en relación con este procedemento farase a través desta aplicación informática: https://www.edu.xunta.gal/eas/

A tramitación para ciclos formativos de grao medio farase a través das páxinas web dos diferentes centros educativos que facilitarán o acceso á aplicación para realizar solicitudes.

Guía para a inscrición no procedemento de aceso e admisión

Oferta de prazas das Ensinanzas Artísticas Profesionais 

Oferta de prazas das ensinanzas artísticas profesionais para o curso 2025/26 de artes plásticas e deseño nos Centros Autorizados