• Noticia nova

Acceso e admisión nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño


22 Abr, 2025

DOGResolución do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.

  • O prazo de presentación de solicitudes de inscrición para realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou de bacharel ata o día 13 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición para os que só teñan que realizar a proba específica e para os que solicitan exención de probas ata o día 26 de xuño.

  • Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático completando o formulario dispoñible e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Para completar o proceso de inscrición deberase presentar, nos prazos establecidos nesta resolución, unha copia asinada da solicitude no centro a que a persoa aspirante desexe acceder como primeira ou única opción