O obxectivo desta orde é adaptar a organización e o funcionamento deste órgano consultivo estatal a la nova regulación das ensinanzas artísticas establecida pola Lei 1/2024, do 7 de xuño, e polo Real Decreto 715/2025, do 26 de agosto. Unha cuestión importante: non estamos ante unha nova regulación destas ensinanzas nin das condicións laborais do profesorado. Regúlase como funciona o órgano estatal encargado de asesorar, elaborar informes e formular propostas sobre estas ensinanzas.
Algunhas das novidades:
- Comisión de Garantía de Calidade: establécese unha comisión específica para elaborar informes sobre a calidade dos plans de estudos de grao e máster, con subcomisións por disciplinas artísticas.
- Informe periódico: elaborarase un informe sobre a situación destas ensinanzas, preferentemente cada dous anos, aínda que poderá ser trienal.
- Maior participación: regúlase a posibilidade de crear novas comisións, grupos de traballo e observatorios.
- Transparencia e documentación: prevese a gravación de sesións, la posta ao dispor das gravacións aos conselleiros e a creación dun repositorio documental.
Non introduce cambios directos nas condicións laborais do profesorado nin na súa organización docente.