• Noticia nova

Resumo da Mesa Sectorial - Borrador Concurso Xeral de Traslados


14 Out, 2026

WEB - RESUMO do acontecido na Mesa Sectorial sobre o Borrador do Concurso Xeral de Traslados

Recorda que este ano é concurso estatal (podes salir da comunidade se concursas como funcionario de carreira con destino definitivo e viceversa, pode vir funcionarios na mesma situación doutras comunidades) . Os prazos son comúns a todas as comunidades: do 5 ao 26 de novembro.

Consulta na ligazón todas as nosas alegacións.

  • A Admón Indica que este ano haberá tamén convocatoria de Concurso específico de Orientación e tamén de Adultos, que pasarán por mesa sectorial previsiblemente a finais de outubro. 
  • Modificación da orde de centros de especial dificultade que suporá unha actualización dos anexos e a incorporación das aulas hospitalarias
  • Resolución provisional: mediados do mes de marzo e a Resolución definitiva a finais do mes de maio (entorno ao día 20).
  • Desde ANPE Galicia queremos preguntar porque Galicia é a única comunidade con lingua propia na que non se solicitou por parte da Administración Educativa unha puntuación específica en atención á peculiaridade lingüística (apartado 6.7 do baremo do Real Decreto) onde poderían ter cabida os certificados CELGA ou titulacións ou cursos específicos de lingua galega, que ademais contribuirían a aumentar o estudo da nosa lingua máis se cabe cando as estatísticas recoñecen unha diminución do usa da mesma. Pensamos que Galicia debe pedilo no Ministerio. A Admón. promete que nun prazo de dous anos  Galicia estará incluída