WEB - RESUMO da Mesa Sectorial sobre currículos de FP, Addenda rateos, materias afins
ANPE pregunta pola convocatoria do concurso de prazas sometidas a convenio e asesorías. A administración resposta que non hai vacantes suficientes e no caso das asesorías quedan prorrogadas.
- RATEOS: Desde ANPE tamén queremos deixar constancia de que nos gustaría que a baixada de rateos comezase xa no vindeiro curso 2026-2027.
-
AFINS: É un documento que serve de punto de partida pero que é insuficiente e debe traballarse. Debe haber unha regulación seria sobre as materias afíns. En primeiro lugar non pode ocurrir que se asigne unha materia afín cando existe profesorado especialista no centro con horario libre para poder impartila. En segundo lugar deben establecerse dous tipos de afinidades: afinidades prioritarias e afinidades por ámbitos.
Sería tamén importante, no caso de primaria, que o profesorado poida ordear ou priorizar as materias afíns no CADP.
-
Currículos FP: con carácter xeral e previo, incidir na necesidade de abordar no ámbito da FP a redución de rateos e a atención á diversidade.
Está ben falar de medidas metodolóxicas para atención á diversidade, pero debería falarse tamén de dotación de profesorado especialista en atención á diversidade, materiais específicos e recursos neste sentido.
- ROGOS e PREGUNTAS:
- Debe abordarse unha climatización dos centros educativos e debería empezarse por as zonas que máis poden sufrir situacións climatolóxias adversas. Evitariamos, deste xeito, as situacións vividas coa calor extrema a finais de curso ou en determinados centros nos procesos selectivos.
- En relación aos procesos selectivos debe evitarse poñer probas en domingos ou en días festivos como ocorreu este ano.
- Demandar, aínda que xa se confirmou que non, a convocatoria de prazas de asesorías e de convenios.
- Debe vixiarse expresamente que non saían prazas no mes de setembro que deberían ter saído e adxudicado no CADP.
-
Denunciar que hai profesorado que está impartindo o Máster en Ensinanzas de Réxime Especial que non ten titulación. Ese alumnado está en risco de non titular.
-
Reiteramos o cumprimento do pago do “verán” ao persoal substituto que traballe máis de 5 meses e medio tal e como recolle o acordo de interinos e substitutos, non se pode seguir eludindo este punto dende hai máis de 10 anos.
-
Con respecto ao curso de formación de Prevención de Riscos demandamos que se informe detalladamente de que habera máis convocatorias e de que non é obrigatorio facelo agora. A Administración resposta que enviará un correo electrónico ao profesorado no mes de setembro neste sentido.
Podes ler o resumo completo no documento adxunto.