• Noticia nova

Convocatoria de axudas para alumnado con NEAE


19 Mai, 2026

BOEResolución da Secretaría de Estado de Educación, de data 6 de maio de 2026, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2026-2027.

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convocou as axudas destinadas a estudantes con necesidades específicas de apoio educativo para o curso académico 2026-2027.

  • Subvencións directas e subsidios para alumnado con discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos da linguaxe, trastorno do espectro autista (TEA) e tamén para estudantes con TDAH e altas capacidades intelectuais.
  • A convocatoria contempla axudas para cubrir gastos relacionados con reeducación pedagóxica ou da linguaxe, transporte, comedor, residencia escolar e material didáctico, entre outros apoios necesarios para garantir a inclusión educativa do alumnado beneficiario.
  • SOLICITUDES a través da sede electrónica do Ministerio: LIGAZÓN
  • PRAZO desde as 8.00, hora peninsular, do 19 de maio de 2026 ata as 15.00, hora peninsular, do día 10 de setembro de 2026