• Noticia nova

Premios de innovación educativa ao consumo responsable Galicons-net


28 Abr, 2026

DOGRESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net .

  • Categoría A: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.

    – Categoría B: alumnado de educación secundaria obrigatoria.

    – Categoría C: alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional e de educación de persoas adultas.

    – Categoría D: alumnado de educación especial.

  •  SOLICITUDES: presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal > (código de procedemento IN116A)

  • PRAZO: ata o 5 de maio de 2026

  • A persoa coordinadora e o profesorado participante nos proxectos premiados recibirán da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional unha certificación de 1º premio de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación do profesorado para o profesorado coordinador e 20 horas para o resto do profesorado participante.