• Noticia nova

Convocatoria de novas SECCIÓNS BILINGÜES


08 Mai, 2026

DOG - RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2026/27.

 

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de maio de 2026.
  •  

O profesorado implicado no programa de seccións bilingües recibirá un certificado acreditativo de participación nunha actividade de innovación educativa cunha equivalencia de 50 horas de formación permanente do profesorado para o profesorado CLIL/AICLE e 20 horas para a persoa coordinadora. Naqueles casos en que o profesorado actúe, ao mesmo tempo, como profesor ou profesora CLIL/AICLE e coordinador ou coordinadora da sección bilingüe recibirá un só certificado como profesorado CLIL/AICLE.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE