- O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de maio de 2025.
O profesorado implicado no programa de seccións bilingües recibirá un certificado acreditativo de participación nunha actividade de innovación educativa cunha equivalencia de 50 horas de formación permanente do profesorado para o profesorado CLIL/AICLE e 20 horas para a persoa coordinadora. Naqueles casos en que o profesorado actúe, ao mesmo tempo, como profesor ou profesora CLIL/AICLE e coordinador ou coordinadora da sección bilingüe recibirá un só certificado como profesorado CLIL/AICLE.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE