• Noticia nova

RESUMO da Mesa Sectorial do PIALE


27 Xan, 2026

WEB - RESUMO COMPLETO da Mesa Sectorial coa orde que rexirá o Programa de linguas estranxeiras - PIALE

Aquí tes algúns dos nosos rogos nesa Mesa:

  • No artigo 3 consideramos que se deben incorporar ao profesorado de ensinanzas especiais, EOI, CMUS, PT e AL: A Administración resposta que así o fará e que incluirá a todo o profesorado
  • No artigo 17, demandamos que a certificación de horas de formación sexa maior das 50 horas
  • ANPE    demanda unha revisión en profundidade do protocolo de alertas meteorolóxicas para que non sexa o equipo directivo dun centro o que determine se este abre ou non, tendo en conta ademais os desprazamentos do profesorado dende o seu domicilio ata o seu posto de traballo para determinar se deben acudir ou non. A este respecto, vimos de solicitar por rexistro, e agora o facemos aquí,  un permiso retribuido de 4 días por causas  meteorolóxicas adversas, que xa está incorporado no Estatuto dos traballadores e  falta asemellalo ao colectivo docente.
  • Denunciar  de novo  o atraso na percepción de trienios e sexenios  e  tamén   a     membros     de tribunais. Demandamos que se paguen os intereses de demora.
  • Alertamos o aumento de conflictividade nas aulas, mesmo en Educación Primaria, solicitando unha serie de accións enérxicas por parte da administración e dando instruccións claras ao corpo de inspección para unificar criterios.
  • Oposicións: deben pecharse as prazas por especialidades xa.
  • Solicitamos que se poidan achegar documentos para datos persoais durante todo o ano, a norma así o di é non se está a cumplir, complicando a actualización        do  expediente do profesorado.