• Noticia nova

RETRIBUCIÓNS - Confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica


26 Xan, 2026

DOG ORDE do 23 de xaneiro de 2026 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2026.

As retribucións do persoal docente non universitario establecidas polos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 16 e do 23 de xaneiro de 1992, do 27 de xullo de 2006 e do 13 de setembro de 2018, así como polo Decreto 124/2007, do 28 de xuño, e polo Decreto 120/2002, do 22 de marzo, recóllense no anexo V desta orde. Neste anexo tamén se reflicte o Acordo entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, publicado no DOG do 17 de xaneiro de 2024

Persoal docente - Anexo V e VI