- CENTROS VACANTES:
CIFP Leixa de Ferrol, CIFP Politécnico de Lugo, CIFP de Cantería de Galicia (Poio) e CIFP A Granxa de Ponteareas
- REQUISITOS:
a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente.
b) Estar en situación de servizo activo.
c) Ter unha antigüidade de, polo menos, tres anos como funcionaria ou funcionario de carreira na función pública docente.
- SOLICITUDES:
Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica (código de procedemento PR004A), e dirixirase á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
- PRAZO:
10 días naturais: do 6 ao 15 de xuño de 2025
- DOCUMENTACIÓN:
Anexo II, un curriculum vitae e a xustificación, mediante certificación ou copia compulsada, dos méritos que aleguen.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou de dous (2) meses desde a mesma data, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE