- Requisitos: Funcionario de carreira con 5 anos de antigüidade e funcións docentes, estar nun centro educativo da comunidade, posuír unha certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre competencias para o desenvolvemento da función directiva impartido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ou polas administracións educativas das restantes comunidades autónomas con validez en todo o territorio nacional. (estarán exentas de acreditalo aquelas cunha experiencia de catro anos no exercicio da dirección de centros docentes públicos) e presentar un proxecto de dirección.
- Solicitude de participación xerada previamente na páxina web https://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación, presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica (código de procedemento PR004A) e dirixirase ao departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da provincia correspondente.
- O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (do 24 de marzo ao 11 de abril)
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE