- MODALIDADES
a) Acreditación de oficio a través da observación do desempeño de roles e postos docentes.
b) Acreditación polo procedemento de recoñecemento de títulos oficiais que habiliten para a profesión docente.
-
a) O persoal docente que teña usuario edu (...@edu.xunta.gal) deberá realizar a solicitude exclusivamente na aplicación Fprofe por inscrición na actividade X2441002 Acreditación CDD.
b) O persoal docente que non teña usuario edu (...@edu.xunta.gal) deberá presentar a solicitude por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario (código PR004A) que se deberá identificar coa denominación Acreditación CDD, dirixido á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional-Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
A solicitude, en que deberá aparecer un enderezo de correo electrónico da persoa solicitante, deberá vir acompañada pola documentación que acredite que se encontra en exercicio activo na función docente (certificado da dirección do centro educativo que acredite que está a impartir ensinanzas reguladas pola LOE).
-
Prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 20 de xuño de 2025.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE