BOE - Axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo


29 Abr, 2025

BOE - Extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación, de data 23 de abril de 2025, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2025-2026.

  • Prazo de presentación: do 30 de abril de 2025 ata o 11 de setembro de 2025
  • Poderán presentar a solicitude: 

​os alumnos que non superen unha determinada renda e/o patrimonio familiar, nos termos indicados na convocatoria e que presenten necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais, ou TEA e que se atopen cursando estudos nun centro específico, nunha unidade de educación especial de centro ordinario ou nun centro ordinario que escolarice alumnos que presenten necesidade específica de apoio educativo.

​a) Educación infantil.
b) Educación primaria.
c) Educación Secundaria Obrigatoria. d) Bacharelato. e) Ciclos formativos de grao básico.
f) Ciclos formativos de grao medio e de grao superior.
g) Ensinos artísticos profesionais.
h) Programas de formación para a transición á vida adulta. i) Outros programas formativos de formación profesional

os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades escolarizados nalgún dos niveis educativos que se sinalan nos apartados b), c), d), f) e g) anteriores.

  • As solicitudes tanto de axudas como de subsidios deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes na dirección https:// sede.educacion.gob.es.