Resumo Mesa Sectorial - concurso de méritos para Dirección de centros


11 Mar, 2025

WEB - RESUMO COMPLETO da Mesa Sectorial sobre o borrador do Concurso de méritos para cubrir as Direccións de centros docentes públicos.

  • Novidades con respecto ao borrador: 

Na provincia da Coruña hai que eliminar o CEIP Isaac Peral e o CEIP Plurilingüe de Xuño xa que as direccións presentaron solicitude de prórroga. O mesmo ocorre coa EEI de Berducedo na provincia de Pontevedra. Hai que engadir a EEI Fina Casalderrey (tamén na provincia  de Pontevedra) á que lle corresponde renovación.

  • ANPE Galicia ven de asinar un Acordo que supón unha mellora económica para os cargos directivos pero, aínda así, consideramos que non se ten a valoración suficiente para facer máis atractivos os cargos directivos. Supoñen unha carga de traballo inxente para a recompensa que ten o seu desempeño. Debería abrirse o debate sobre a consolidación do complemento a todos os membros dos equipos directivos.
  • Contestacións da consellería ás nosas demandas, o resto de demandas, podes consultalas no Resumo completo da noticia:

- Denunciar de novo o atraso na percepción de trienios e sexenios e tamén a membros de tribunais. Demandamos que se paguen os intereses de demora. A Administración resposta que os trienios e sexenios pendentes están pagados na nómina de Febreiro e os tribunais pendentes comezarán a pagarse  esta semana

- Solicitamos que se axilice a negociación do Plan de Igualdade. A Administración convocará para o mércores ás 10:30

- Solicitamos a reunión do Comité Intercentros de Saúde Laboral e dos comités de saúde das distintas provincias. A Administración resposta que xa se lle deu traslado ás distintas provincias e que, posteriormente, se convocará o Comité Intercentros.

- Solicitamos a elaboración de baremos unificados para distintas convocatorias da Administración educativa. A Administración convocará ás OOSS para o luns 17 ás 10:30.

- Solicitamos reunión para contrastar as prazas estruturais e as súas características antes da resolución provisional do CXT. A Administración enviará as vacantes que se incorporan propostas polas inspeccións e nos convocará para unha reunión a semana que vén.