• Noticia nova

A Consellería da marcha atrás na súa intención de subir as ratios máximas


03 Mar, 2025

WEB - A CONSELLERÍA DÁ MARCHA ATRÁS NA SÚA INTENCIÓN DE SUBIR AS RATIOS MÁXIMAS DE CARA AO CURSO 2025-2026

As organizacións asinantes do "Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal" – CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP – queremos trasladar á comunidade educativa a nosa posición ante as informacións recibidas nos últimos días sobre a posible vulneración das ratios máximas establecidas no devandito Acordo por parte da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Nas últimas semanas, distintos centros educativos de toda Galicia alertaron da intención da Administración de establecer para o curso 2025-2026 un máximo de 25 alumnos en 6° curso de Educación Infantil e en todos os cursos de Educación Primaria, á marxe do pactado. A nova que confirmou as intencións da Consellería foi a publicación de Faro de Vigo poñendo de manifesto esta actuación con carácter xeral para todo o termo municipal de Vigo, ao considerar esta zona como "tensionada".

Convén lembrar que ao inicio deste curso estableceuse unha "foto fixa" (base 2.1.2 do Acordo) segundo a cal, cada grupo con menos de 20 alumnos non superaría ese límite nofuturo e aqueles con entre 20 e 25 alumnos, verían respectada esa "foto fixa" nos sucesivos cursos.

Ante esta situación, as organizacións sindicais asinantes do Acordo trasladamos a nosa preocupación á Consellería e esiximos o respecto escrupuloso do establecido no

documento.

Tras as nosas xestións, no día de hoxe a Consellería vén de confirmarnos que cumprirá coas ratios máximas fixadas no Acordo e que manterá a "foto fixa" determinada ao inicio deste curso en todos os grupos.

Por último, queremos insistir no feito de que seguiremos vixiantes para garantir o cumprimento efectivo do pactado e defender os dereitos do profesorado e do alumnadogalego.

Para máis información,  Julio Díaz Escolante Presidente de ANPE Galicia 615 226 371


Galicia, 3 de marzo de 2025.
CCOO Ensino – ANPE – UGT-SP

20250303---nota-de-prensa-ratios-acordo-curso-25-2