Solucionada a incidencia na solicitude da Revisión Médica anual


06 Out, 2025

WEB - SOLUCIONADA a incidencia na aplicación da Revisión Médica Anual e o prazo remata o 31 de outubro.

https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal 

 

01/10/25 - Problemas coa aplicación da Revisión Médica anual: reclamamos solución e ampliación de prazo

Dende ANPE detectamos un problema na solicitude da Revisión Médica Anual dende o mesmo día que abriu o prazo, o pasado venres, 26 de setembro e a día de hoxe continúa sen arranxarse.

No apartado de “recoñecemento específico” non se despregan as opcións necesarias, o que impide finalizar o procedemento. Segundo temos comprobado, o problema afecta únicamente no caso das mulleres.

Xa trasladamos esta situación aos responsables técnicos, mais a aplicación leva catro días sen funcionar correctamente.

Consideramos que este retraso non é asumible para o persoal, que, aínda que non está obrigado a realizar a Revisión Médica Anual, si ten dereito a acceder a ela nas debidas condicións, tratándose dun trámite recomendable e de interese para a saúde laboral, e por iso solicitamos que se amplíen os prazos de presentación mentres non se solucione a incidencia.

Agardamos unha resolución áxil que evite prexuizos innecesarios e permita garantir o dereito de todo o persoal a realizar este trámite en condicións óptimas.